De Camiños, Viaxeiros E Camiñantes

Autor
Santiago Lamas/Alfonso Mato
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788498656916
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
202
Formato
Rústica
Colección
Rustica
20,95€

Nesta obra os autores desenvolven unha reflexión profunda e suxerente sobre a relación entre camiño e literatura, movemento e lectura. O texto dialoga desde a actualidade cunha Galiza europea de inicios do século XX, mediante un estilo aberto e rico que, de xeito ameno, nos interroga sobre os grandes desafíos da Galicia de hoxe. Santiago Lamas (Pontevedra, 1944), psiquiatra, é autor, entre outros títulos, dos ensaios Notas para una teoría de la realidad (1988), Imarginaciones (1988), Sobre el yo y otros objetos no identificados (1994), Galicia borrosa (2004), Ferrín e outras historias (2007) e Fíos e lecturas (2011) e Fisterras Atlánticas (2012). Foi Premio Fernández del Riego de xornalismo en 2008. Alfonso Mato é historiador e documentalista. Traballou na Gran Enciclopedia Gallega e no Instituto Galego de Información que dirixiu en Santiago de Compostela Isaac Díaz Pardo. É autor de diversos traballos sobre a historia e a cultura da Galiza contemporánea, como o que lle adicou ao Seminario de Estudos Galegos. Ademáis, ten colaborado en obras colectivas, como a edición crítica do Sempre en Galiza de Castelao ou Ánxel Casal, un editor para un país. Catálogos de Lar e Nós.