Demerara

Autor:
Wagner G. Barreira
Editorial:
Editorial Galaxia
ISBN
9788491516194
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
210
Formato
Rústica
16,75€

Bernardo é un mozo galego que se criou nun orfanato de Vigo, daquela nos albores do seu espertar como a cidade dinámica que agora é. En 1918, tras deixar a institución, leva unha vida errante polos arredores do porto, punto de partida para tantos galegos, e embarca no vapor Demerara camiño do Brasil, nunha viaxe sen perspectiva e sen vontade, sen saber que ou destino o fai compañeiro de viaxe da pandemia da gripe española. “Aquel navío era un pouco como a miña vida. Estaba en movemento, cercado de moita xente, e aínda así só no océano”.
Mestura de ficción e feitos históricos, a novela naceu a partir das pescudas do autor sobre as orixes do seu avó paterno, do que pouco se sabe: era vigués, chegou ao Brasil no navío Demerara e morreu o día do bautismo do seu único fillo.
Home e navío son personaxes indivisibles en Demerara, onde o autor fai un traballo minucioso de investigación que proporciona ao libro unha forte base histórica a través dunha escrita potente, elegante e fluída que nos achega a unha época en tempos de pandemia.