Sinopse Premio Blanco Amor 2004, este libro é o resultado de dúas paixóns literarias. Das historias de misterio e suspense colle o ritmo, o fío argumental, a atmosfera. Da poesía, o sentido ricaz das palabras. Dolores Ruíz (Vigo, 1968) persegue nesta novela intensa e subxugante as claves da estraña relación entre o egoísmo e o amor. Frida, a protagonista, naufraga nunha illa perdida. Sen lembranzas, vaise descubrir a si mesma consonte devela o enigma que envolve a existencia naquel lugar afastado.