Guillem, xornalista e escritor, viaxa a Santiago de Compostela a entrevistar ó derradeiro membro vivo da Xeración Nós. A casualidade pono na pista de Evelyn Moore, unha muller ó que estivera vinculado quince anos atrás e que desaparecera misteriosamente da súa vida, deixándolle un feixe de enigmáticos papeis que agora empezarán a cobrar sentido.
Impecable novela de intriga que recrea unha Galicia misteriosa e chea de densidade histórica.