Sinopse
"Manda de elefantes con intereses culturais busca mestra con espírito dinámico e aventureiro. Vivenda na selva africana. Dieta vexetariana. Salario: cen toneladas de bananas". Ó ler este anuncio, unha mestra solicita o traballo. Alí, na selva, descobre que non tódolos elefantes son iguais... ¡depende do corazón que teñan!