Elexías A Deus E Ao Diaño

ISBN
9788483027172
Idioma
Gallego
Nº de páginas
160
Formato
Rústica
7,10€

Sinopse Noutro tempo, Elexías a Deus e ao Diaño tería encabezado, seguramente, a lista de libros prohibidos pola Inquisición. Os deste libro son trece relatos de temática absolutamente apóstata, nos que o autor fustiga sen compaixón contra todo o que se lle pon por diante, e moi especialmente contra a relixión. Pero non o fai tanto por soste-lo seu ateísmo ou por exhibi-lo seu anticlericalismo senón, sobre todo, por entroncar cunha tradición de bufón, de xograr desenganado, de herexe vocacional que pretende ridiculizar todo o ridiculizable e reduci-la relixión a unha pura anécdota sen maior importancia, a unha simple broma. E faino entroncando coa prosa de Rabelais, co espírito de Darío Fo, coa ollada de El Bosco ou coa provocación de Luís Buñuel. - é dicir, faino herdando o legado dos grandes herexiarcas. Con estes relatos de Samuel Solleiro, Abismos dá a coñece-lo primeiro libro dun autor novísmo, que manexa maxistralmente ben os rexistros narrativos e que, de seguro, no futuro dará moito que falar