ESENCIA E PAIXÓN DUNHA VIAXE

Autor
José Raposeiras Correa
Editorial
Edicións Fervenza
ISBN
9788419840400
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
139
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
Peso
425 gr
Dimensiones
17 x 24 x 1 cm
17,00€

Un camiñante, un viaxeiro, un peregrino da vida, un viandante... Un narrador que nun flashback persoal nos amosa o seu río da vida. Ese é o fío condutor deste libro, a xeito de traxecto autobiográfico, no que o autor repasa o seu devir, pois xamais se poderá visionar un presente nin un futuro existencial sen memorizarmos o pasado. Os fluxos fluviais lentos, os rápidos, os remansos, os obstáculos de todo tipo presentes nun percorrer fluvial serán as imaxes ás que se asirá o protagonista para amosarnos o seu percorrer vital e para rematar co profundo pensamento, e convencemento, de «así é a vida».