Estás Na Lúa

ISBN
9788484646730
Idioma
Gallego
Nº de páginas
112
Formato
Cartoné
15,00€

Sinopse -A túa avoa perdeu a cabeza -díxome aquel día a tía Fatma, cando volvín da escola. Á vez que poñía as sandalias, sacudiu o meu coxín e achegoume o prato. Logo saiu. Daba uns pasos tan rápidos, que a area que levantaba do deserto comezou a flotar na miña sopa e a pegarse entre os meus dentes. Porque, como é natural, eu tiña a boca aberta. Quería pedirlle á tía Fatma que repetira en hassania, o noso idioma, iso de que a avoa perdera a cabeza. Tía Fatma a penas sabía español. Era raro que non se trabucara. Diría «cabeza» onde tería que dicir «teteira», por exemplo. Baraka é unha nena de doce anos que vive nunha tenda do deserto coa súa nai, a súa tía e a súa avoa Bahía. A enfermidade do Alzheimer comeza a arrincarlle a esta última as súas lembranzas. Ese terrible mal simboliza tamén o esquecemento que se cerne como unha ameaza sobre o seu pobo: expulsados hai 30 anos do Sahara Occidental, habitan na inhóspita Hamada arxelina e só os anciáns sinten o baleiro que deixa o desterro da súa patria e o desarraigo; os novos coñécena de oídas porque endexamais a pisaron. Bahía légalle á súa neta unha herdanza inmaterial de valor incalculable: a súa memoria, un elemento que actúa como fío argumental do relato, ao que se engaden outros aspectos, como a importancia da transmisión oral da cultura, as relacións familiares, a amizade, ou o contraste entre a vida precaria nos campamentos de refuxiados e as comodidades do mundo desenvolvido. Carmen Montalbán plasma nesta historia a fonda impresión da súa estanza en Tinduf, a fascinación pola paisaxe do deserto, a hospitalidade da súa xente. O resultado, unha obra comprometida no fondo, sensible na forma, didáctica no seu percorrido literario polo mundo, tenra polo vínculo creado entre neta e avoa; un libro que entra polos entidos, como o te: suave, amargo e doce, como o amor, a vida e a morte. As acuarelas de Pilar Millán aportan calidez e colorido,transpórtannos ao reino da area, aos seus espazos e costumes; mais tamén ao mundo das emocións, os soños e os símbolos evocadores, como a Lúa.