Falar galego: "no veo por qué" analiza o discurso espontáneo e privado, ou semiprivado, da maioría silenciosa, os que non teñen acceso ao discurso público, pois o que busca é a perspectiva dos propios falantes, protagonistas en definitiva do proceso de normativación e normalización das linguas. Este estudio baséase no corpus resultante da realización de nove grupos de discusión, e achégase ás inquedanzas dos galegofalantes e dos castelanfalantes en torno ao tema das linguas moi especialmente do galego