Sinopse Auga desatada a cachón que vira escuma e finísima burbulla cando bate contra o río no que aniña, mentras procura ese mar que enche. Esta Guia das Fervenzas de Pontevedra é un rexistro preciso da súa localización, estado e importancia. O coñecemento delas e a visita a estes lugares será determinante na sensibilidade social á volta desta preciosidade de auga fresca en caída libre.