#
Premio García Barros 2011.
Un deses acontecementos recónditos que a Historia esconde. Un caleidoscopio de emocións e fervenzas humanas. Na vila da Estrada, no contexto convulso das insurreccións cantonais de fins do século XIX, debúxase un triángulo afectivo -unha rapaza, a súa mestra e unha muller valente- arredor do cal se desenvolve unha trama inquisitorial. Trátase de someter unhas mulleres -as fiandeiras- que molestan os intereses da industria e do poder dominante.