Fisterras Atlanticas

Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788498654332
Idioma
Gallego
Nº de páginas
316
Formato
Rústica
Colección
Ensaio
23,70€

A elaboración identitaria, tanto desde o punto de vista do simbólico coma desde a vertente do factual, é esmiuzada con xeito e atinada diagnose por Santiago Lamas nunha sucesión de cinco ensaios que constitúen a cerna do libro. Tamén sobre a identidade, mais vista desde a súa "patoloxía", no caso do Don Xoán, e a partir da súa sintomatoloxía, no caso da invención da paisaxe e no da novela policial, tratan as outras "lecturas" -nos dous sensos: interpretacións e leccións- que achegan lectores e lectoras ao proceso de pensamento, ao seu desenvolvemento ou busca curiosa e interesada na cultura como realidade asemade simbólica e actuante. A radiografía do sedutor, os himnos e as bandeiras, a xenética das orixes e as viaxes en procura da identidade, a "recreación" do pasado, a invención da paisaxe como esencia e a novela negra como retrato social enxérganse, pois, neste libro coa nidia perspectiva de quen efectivamente escribe dende o cabo do mundo.