Jei Noguerol é coñecido en Galicia polo seu excelente traballo como cantautor, necesario para entender a música galega do último terzo do século pasado e do actual. Mais, alén do músico, habita nel un poeta que ten, como nas cancións, algo que contar, e faino dende un ollar directo, en absoluto alleo ao ritmo, mais concentrado en versos de granito e forza maiúscula. Un descubrimento. Un canto máis. Auténtico e limpo. Unha gorxa que rebenta para sinalar a realidade e transformala