Cando ten trece anos, unha rapaza emprende unha viaxe que o ha cambiar todo. Naqueles días, nos que a angustia do desamparo se mestura coa intensidade da descuberta, coñece unha actriz engaiolante e cautivadora. Xa adulta, lembra aqueles momentos tinguidos de beleza e violencia. Os retallos do pasdo, os fragmentos de lembranzas, deseñan un mosaico no que a protagonista procura unha forma, un sentido, coma quen contempla as nubes par recoñecer nelas figuras do mundo real.