Sinopse
En 1958, pouco máis dun ano despois da morte do seu autor, publícase O Gatopardo. Dende ese momento a novela irá conquistando lectores ata se converter nunha obra de referencia obrigada na narrativa italiana do século XX. Unha desas obras que requiren toda unha vida de preparación para se escribiren, que pairan por riba das circunstancias e que conseguen revelar o sentido dunha época. Con ironía e un dominio maxistral da linguaxe literaria, Lampedusa crea un universo literario pleno e fascinante, bota unha ollada lúcida e melancólica a un mundo en extinción. Unha das grandes novelas de tódolos tempos