Sinopse
Lbro colectivo no que participan algúns dos ensaístas de maior prestixio internacional verbo
do fenómeno da globalización, que foi compilado, prologado e traducido polo escritor e poeta Manuel Outeiriño.
Nun mundo no que os medios de comunicación e o trafego cultural más celérico facilitan a posibilidade dunha "cultura global", dunha cultura tecnificada, mercantil e homoxénea, e dunha "industria cultural global" que se podería concibir -tal como escribe Manuel Outeiriño no limiar- como unha "nova tradición" mercantilizada, a do "folclore do capitalismo", é fundamental levar a cabo unha reflexión crítica sobre este fenómeno. Neste volume realízase esa crítica, que é a crítica do tópico do que se difunde co nome de globalización cultural, nome baixo o que, realmente, o que se difunde e imita é a cultura mercantil corporativa estadounidense e a produción e xestión cultural ao xeito corporativo das multinacionais