Sinopse
Novela narrada por un rapaz que, desde o tramo final da súa adolescencia, mira cara a atrás e atopa na figura fermosa e brillante de Helena unha encarnación da alegría de vivir. E, en contraste con Helena, a rapaza morena do parque, presa dun destino desgraciado. Helena e o solpor combina as lembrazas do protagonista sobre un tempo que xa vai quedando atrás coa descrición da vida nunha familia e un barrio de condición modesta. Nese exercicio reflexivo, dúas rapazas ben distintas eríxense en símbolos dos diferentes camiños que a vida lle vai abrindo a cada ser humano.