Historia Da Vida Cotia En Galicia

ISBN
9788495364470
Idioma
Gallego
Nº de páginas
403
Formato
Rústica
35,00€

Sinopse Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia (séculos XIX e XX) plantéxase como unha obra de investigación histórica, que emprega fontes inéditas combinándoas coa bibliografía dispoñible, escrita nunha linguaxe asequible e non academicista, e polo profuso emprego que se fai nela de textos literarios, etnográficos e testemuños orais, que contribúen a darlle amenidade ao tempo que axudan a recrear a o imaxinario colectivo e a atmósfera social na que se desenvolveu a existencia de varias xeracións de galegos de a pé. Existen varias historias de Galicia na época contemporánea, pero ningunha dos galegos, das xentes de diferente condición social; dos que comían ben e durmían en colchóns de la, e os que levaban unha existencia precaria téndose que deitar amoreados en xergóns de follato: os homes, mulleres e nenos, labregos, fidalgos e habitantes das cidades que protagonizaron a historia deste país.