Sinopse
Logo do éxito de Un nicho para Marilyn , Frank Soutelo, detective californiano de pais galegos, volve en Luar no inferno aos ambientes cinematográficos para tentar descubrir unha trama negra na que se mesturan os magnates de Hollywood, o tráfico de mulleres na fronteira mexicana e as snuff movies, películas ilegais realizadas con violencia real. Miguel Anxo Fernández aborda con orixinalidade o xénero policial para recrear, con humor e ironía, o mundo das películas de detectives e a súa engaioladora e apaixonante maneira de contar historias.