Sinopse
Literatura e vida danse a man en Melodía de días usados, o novo libro de Anxos Sumai. A escritora narra as súas vivencias cotiás nunha Compostela inzada de personaxes que semellan saídos da realidade inmediata, personaxes que xorden das húmidas pedras da cidade, esas que pouco a pouco quecen coa raiola da frescura e da autenticiciade deste diario nado na internet e que agora Editorial Galaxia achega transformado, con roupa nova e música leda, ás lectoras e lectores galegos.
Narrar a propia vida coma se se tratase dunha novela, con personaxes e feitos que nacen do mundo cotiá para logo medraren co alimento da imaxinación, velaí o acerto de Anxos Sumai. O seu diario na internet arrequéntase nas páxinas deste novo libro no que a escritora de Catoira toca unha melodía coñecida pero faino dunha mane ira diferente. A música da vida convértese neste libro nun son que dá acougo e promete felicidade.
Melodía de días usados logra o que debería ser obxectivo da literatura, facer que lectores e lectoras se sintan entre amigos, coñezan os espazos dunha biografía persoal coma se fosen os propios, compartan alegrías, medos, emocións e ganas de vivir co personaxe que Anxos Sumai fai de si propia. Un diario que é case. unha novela ou unha novela que é coma un diario, este libro está escrito coa convicción de quen cre nas cousas miúdas, de quen descobre coa ollada limpa unha realidade común á xente e que a literatura transforma, volve máis rica, distinta, e fai brillar coma se fose do trinque