Milagre Das Estrelas, O

ISBN
9788475077390
Idioma
Gallego
Nº de páginas
64
Formato
Rústica
8,00€

Este libro recolle o argumento que dá base a un espectáculo máxico-teatral do Mago Antón, chamado " A Vía Láctea " , co que percorreu o camiño de Santiago, de París a Compostela. O Mago Antón monta a súa carpa en París e chega en moto ó... escenario, acompañado de Güendoline. Alí, logo dalgunha mostra de maxia, fai aparecer a Carlomagno, Don Roldán e Guilhem de Aquitania (o que coñecemos co nome de Gaiferos de Mormaltán). Despois únese a eles o Apóstoto Sant-Iago, que baixa ó escenario nunha barca de pedra para poder resucitar ó Mago Antón, morto por unha demostración de ingravidez sobre a grande espada de Carlomagno. O Apóstolo sobe ó ceo na procura da Vía Láctea (concentrada nunha estrela) para poder salva-lo mago. Todos eles emprenden logo o Camiño cara a Compostela. Nese percorrido ocórrenlles cousas que van sendo solucionadas pola maxia do Mago Antón. Ata que chegan á catedral. Alí, o Mago converte ó demo nun bloque de xeo, e, tras deixa-los tres personaxes históricos gravados para sempre nunha columna da catedral, desaparece Sant-Iago, de novo na barca de pedra. Só queda ó final a estrela na que se concentra a Vía Láctea.