Na lingua que elas falan, na lingua que falamos e que queremos seguir falando. Cancións dunha elegancia feliz. Músicas que son coma un tremor rosaliano. Actualización da poeta ao século XXI. E a voz de Najla Shami, desde a profundidade dun dicir e dun cantar ás veces delicado, ás veces profundo. Sempre suxestivo. Na lingua que eu falo é un agasallo para os corazóns. Cada canción, un latexo. Rosalía pentagramada en aires novos