Sinopse
A represión das comunidades evanxélicas é unha parte da historia recente de Galicia moi pouco coñecida ata o de agora. Xavier Alcalá recupéraa para a novela galega coa triloxía ''Evanxélica memoria''. Neste libro abránguese o período que, dende a Guerra Civil e durante os anos corenta, está marcado polo estraperlo, a guerrilla antifranquista, a presenza dos nazis en Vigo, as brutalidades dos fascistas e a persecución de protestantes e fuxidos. Un fresco histórico e narrativo que transmite enteiramente a forza duns feitos inesquecibles.