No desterro

Autor
Paulo Nogueira/Magoia Bodega/Ramón Cabanillas
Editorial
Consello Da Cultura Galega
ISBN
9788417802448
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
322
Formato
Rústica
Colección
Rustica
15,00€

No desterro, o primeiro poemario de Ramón Cabanillas, ve a luz na Habana en 1913 cun limiar de Basilio Álvarez que o consagra como poeta social por excelencia, aínda que en termos estritos os poemas desa índole fosen minoritarios no conxunto do volume. Nesa cidade e nesa data entrecrúzanse as súas traxectorias biográficas e, simbolicamente, tamén conflúen tres dos fenómenos definidores da experiencia colectiva dos galegos do século XX: o galeguismo, a emigración e o agrarismo. A través da biografía e da obra do poeta de Cambados é posible aproximarse a estes tres fíos da historia recente de Galicia, así como o seu reflexo na literatura.

Tamén se tenta profundar na relación, prolongada ao longo de máis de tres décadas, entre Cabanillas e quen, con xustiza ou sen ela, remataría por personificar na memoria popular un movemento tan complexo e multiforme como foi o agrarismo galego: o abade de Beiro, Basilio Álvarez.