O Baron Rampante

ISBN
9788483024614
Idioma
Gallego
Nº de páginas
264
Formato
Rústica
Colección
Xerais peto
8,60€

Sinopse A lectura desta historia vai deixando un regustiño doce, que non se esvae ata a última páxina. Calvino ten arte para manter a atención e o ritmo narrativo na demorada exposición da vida dun home que anda sempre rampando polas árbores. En O barón rampante Italo Calvino presenta a Cosimo de Rondó nunha xeira deliciosa, desde que ós doce anos decide rebelarse contra os seus pais e cambiar de vida. A súa delongada fazaña é relatada polo seu irmán, algo máis novo ca el, que asiste apampado a aquel xantar familiar que cambiaría para sempre a familia. Cosimo decide rebelarse: gabea por unha árbore e alí queda para toda a vida (Xosé Luis Vilela, La Voz de Galicia). Das que integran a chamada triloxía dos seres inexistentes é sen dúbida O barón rampante a novela que consegue unha maior complexidade e perfección. Tamén se diferencia das outras dúas en que o tema de que trata non é xa tan fantástico, senón simplemente improbable (Atlántico Diario). A obra de Calvino introduce na súa ficción dous elementos certeiramente combinados: o historicismo e a parodia, o mellor antídoto contra todo engrosamento do presente. Asemade, o italiano introducía o humor na súa obra dun xeito non gratuito, consciente do patetismo inhibidor do seu tempo (Manuel Outeiriño, Diario de Galicia).