O Misterioso Dr. Saa

Autor:
Xosé Díaz Díaz/Belén Fernández Guzmán
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788499143484
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
160
Formato
Rústica
18,50€

O misterioso Dr. Saa recupera a historia de Manuel Rodríguez Saa, un lucense de Portomarín que, no primeiro terzo do século XX, acadou sona internacional como ilusionista. Algúns dos persoeiros máis relevantes da súa época (da política, a cultura, a... aristocracia) presenciaron as habilidades máxicas do Dr. Saa, tamén coñecido como Conde de Waldemar. O seu itinerario vital e profesional levouno polos confíns do mundo, sendo testemuña directa de boa parte dos relatos da historia do seu tempo e colleitando numerosos éxitos nos escenarios máis destacados. A través dos recordos de parentes e amigos do Dr. Saa, así como das múltiples referencias ás súas actuacións na prensa da época, Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán recompilaron a información necesaria para render con esta obra unha cumprida homenaxe á memoria e lenda do home e do artista.