Sinopse
Era ese un neno moi pillo que lle tomaba o pelo á xente da súa aldea ata que un bo día… Pois si, primeiro fai que os veciños acudan á súa axuda en balde e logo, cando realmente aparece un lobo e se bota ás ovellas, o neno berrando e a xente nin caso. Vaia desgracia. Isto xa o pensaban os lectores deste conto cando se publicou por primeira vez: en 1972. Como hai cousas que non cambian, aí está de novo: un dos primeiros libros infantís en galego nunha edición nova e novas ilustracións.