O verán en Lucenza

Ficha

Autor
Fortes, Alberto
Editorial
Grupo Anaya S.A.
ISBN
9788491216179
Idioma
Gallego
Publicado
2020
Formato
application/epub+zip
O fillo do Cortizo é un rapaz que pasa as vacacións de verán coas súas tías avoas nunha afastada aldea galega dos anos 70. Ao tempo que constrúe a súa personalidade, o protagonista énchese de experiencias e descubertas e debe aprender a vivir co peso da culpa. "O verán en Lucenza" é unha novela que nos conduce a través das lembranzas dese rapaz, remitíndonos a un tempo xa desaparecido e ofrecéndonos caras contrapostas da realidade. Desde un ton confesional e intimista, asistimos á recreación do concepto da memoria, que tamén é comunal, a partir da visión dun adolescente que nos devolve a unha Galicia rural que xa non existe.