OFRENDA LIRICA A NENA SILVIA SANTIAGO CONDE

ISBN
9788492923854
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Formato
Rústica
12,00€

O 7 de setembro de 1960, a nena Silvia Santiago Conde facía a primeira comuñon na Coruña e seu pai, o escritor e empresario Silvio Santiago, convocou amigos, poetas e escritores galegos a participaren nunha Ofrenda lírica en forma de libro e celebraren, así, o acontecemento. O Consello da Cultura Galega presenta, cincuenta e sete anos despois, o facsímile desta "Ofrenda lírica", na que se recollen poemas e prosas de dezasete autores de primeiro nivel pertencentes a varias xeracións, xunto coa súa contextualización, transcrición e estudo.