Olladas

ISBN
9788484646563
Idioma
Gallego
Nº de páginas
40
Formato
Cartoné
16,00€

"O mundo está cheo de sorpresas. Sempre hai algo que descubrir, onde queira que vivas. Nin por un momento estás só: ben na vila ou ben na aldea, na fraga ou no lago, na sabana ou na selva, polo día ou pola noite... só tes que mirar ao teu redor. Coas orellas requichadas, aguza o oído desde o cómaro da fraga para escoitar ben os ruidos do campo. Velo? El a ti xa te viu! Asombrárono os bufidos do tractor. Agora vai pegar un brinco, dar unha reviravolta e fuxir aos choutos para se esconder no agocho máis próximo.".O moucho, o rato, o león... vennos dende o seu niño, o seu escondite, a súa gorida. E nós a eles? Un libro sobre miradas que axexan e buscan, un libro para observar e ser observado, para identificar os animais nos seus hábitats naturais. Destaca a súa proposta estética, con ilustracións tremendamente realistas e cheas de colorido. O autor dispón nunha páxina un primeiro plano do olio do misterioso animal ao que alude e na seguinte a do espazo que ve. Esta estructura permítelle ao lector achegarse a cada escena con dous puntos de vista, o propio, e o do animal con respecto ao que este capta dende o lugar no que está. A obra recibiu varios galardóns, entre eles foi distinguido como un dos sete menores libros para lectores xuvenís en 2002, o álbum ilustrado do mes en xaneiro de 2003, o Premio Frances and Wesley Bock 2003 e nos Estados Unidos recibiu en 2004 o premio internacional ao mellor libro outorgado pola Asociación de Bibliotecarios Escolares.