OS CÓMAROS DA VIDA. Diarios 2020-2022

Autor
Xosé Antonio Andrade Figueiras
Editorial
Edicións Espiral Maior
ISBN
9788412893205
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
172
Formato
Rústica
Colección
BALDAIO
Peso
335 gr
Dimensiones
14 x 21 x 1,5 cm
20,00€

A presente obra, os cómaros da vida. Diarios 2020-2022, é unha crónica de carácter personal, por veces inmersa na "interioridade profundo" do humano, que se manifesta en notas de experiencia individual, elementos abertos de reflexión, confesións particularidades e visións diversas que parten do autobiográfico: un mapa de cláusulas temporais na memoria do vivir, en acción comunicante e progreso expresivo, mais tamén unha psicoloxía e unha ética de vida que nos ofrecen con definida e decidida ambición literaria. A estructura da obra e o ritmo narrativo cultivado con mestría polo autor teñen a innegábel virtude de nos ir amosando, ás veces a través dunha finísima ironía, e en moitas ocasións facendo uso dun marcado carácter poético, como a vida é unha sucesión de cómaros emocionais, entendidos estes como accidentes do vivir -os paso dados no fluír do tempo- ou como lampexos dramáticos e existenciais que conforman unha ética e unha estética de xeito concreto.