Marí e unha nena de dez anos que vive feliz ata que o seu pai ten que embarcar por motivos de traballo. Cando o barco está a piques de regresar, o faro da vila estrágase. Marí nunca podería imaxinar que o conto que lle contaba o pai sobre monstros e vagalumes teña algo que ver coa posibilidade de que o faro volva iluminarse antes de que o seu pai chegue a porto.