Sinopse
O poeta, cando escribe, é coma se percorrese un camiño esquecido, coma se recuperase un espazo no que de repente se volve orientar. O pan da tarde é a celebración dese reencontro. Xavier Rodríguez Baixeras detense a mirar o que existe en perpetua mutación. Desde un tempo precario, con fervor, busca o fondo no que se depositan as palabras, o pouso que a vida non sabe devolver. A plenitude desacouga, o que retorno pero nunca se deixa apreixar. Un libro esencial no obra dun poeta con voz senlleira