Este libro está composto por unha serie de pequenos relatos, apenas unhas breves escenas, unhas historias mínimas relacionadas entre si nada máis que pola súa temática: a violencia. Ou mellor, as violencias, pois hainas, desafortunamente, de moitos tipos: violencia contra un mesmo e contra os demais.