Sinopse
O Baixo Miño é o espacio onde se desenvolven ou no que teñen a súa orixe os relatos contidos en O Pausiñas. Neste seu primeiro libro, Roque Cameselle bota man das tradicións narrativas locais, marcada por un humor costumista, celebrativo e lírico, pero tamén por unha memoria histórica -a emigración, a guerra, a opresión- salferida de traxedias.