PEDRO E O LOBO

Autor
Inacio Suárez
Editorial
Demo Editorial
ISBN
9788412907025
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
56
Formato
Rústica
Colección
Album ilustrado cómic e novela gráfica
Ilustrador (interior)
Iván Suárez
Peso
140 gr
15,00€

Inacio e Iván Suárez agasallan os lectores máis novos con esta fermosa e divertida adaptación do clásico universal de Prokofiev, que transcende os medios neste proxecto de teatro, música e banda deseñada. Unha ledicia de lectura! En 1935, Natalia Sats e o Teatro Central Infantil de Moscova encargaron a Serguei Prokofiev unha sinfonía musical para público infantil. Motivado polo encargo, Prokofiev compuxo Pedro e o lobo en catro días. O 2 de maio de 1936 estreouse a obra, sen demasiado éxito. O compositor ruso estaba lonxe de saber que, co tempo, a súa peza se convertería nun clásico que conta con versións e adaptacións a libro infantil, teatro, cinema de animación ou banda deseñada, todas elas en multitude de linguas. Esperamos que goces desta versión que fan Inacio e Iván Suárez coa súa habitual mestría para desenvolver historias a través das viñetas.