Achegar a un público amplo a riqueza e fartura dos produtos do mar é unha das razóns deste libro, elaborado con receitas de peixes e mariscos.
Partindo dos saberes populares de cociña do mar en Galicia, Benigno Campos seleciona 150 das súas receitas máis coñecidas, incluíndo algunhas inéditas. Unha viaxe polo pracer dos sentidos!