Sinopse
Unha achega fundamental para un mellor coñecemento do proceso de represión franquista.
Os cárceres en Galicia nos primeiros anos da ditadura franquista son o tema da investigación desenvolvida neste libro a partir da documentación dos centros de reclusión e de fontes de carácter lexislativo, militar e estatístico, ademais da importante memoria dos presos.
O historiador Domingo Rodríguez Teijeiro realiza unha ampla reconstrución do proceso de creación do sistema penal franquista e da súa evolución nos primeiros anos da posguerra.