Sinopse
Esta é unha antoloxía que compendia a totalidade da poesía galega no decurso do tempo, dende os poetas medievais ás voces dos nosos días.
Comprende toda a lírica galega cunha ampla representación en canto a poetas, posuíndo, ademais, o rigor documental, a fiabilidade textual e a autenticidade fonético-visual que a unha obra destas características se lle debe esixir. Con poemas tirados da edición máis axeitada, que se cita na páxina, e as necesarias referencias bibliográficas, dáse tamén cumprida reseña da obra poética de cada autor. Cada un dos principais apartados ábrense cunha breve introducción teórica que se propón a abordaxe ós textos dende criterios estéticos e socioculturais, a fin de contextualizar a súa lectura.