Sinopse
Unha áxil e vivísima recreación do mundo duns rapaces rebeldes, fascinados polos poetas da xeración beat e as cancións de The Doors no Vigo dos anos sesenta.
Novela de iniciación, de amor e de intriga, Reminiscencias de Bob Dylan é tamén unha narración que recupera unha época de cambios, de rupturas que ata agora non fora abordada en fondura pola literatura galega.