Soños de mar

Autor
Rivadulla Corcón, X. H.
Editorial
Grupo Anaya S.A.
ISBN
9788499146775
Idioma
Gallego
Publicado
2014
Formato
application/epub+zip
Marca de agua digital
6,99€

Alex é un neno que estuda sexto de primaria e quere ser poeta. Está namorado de Lola, a súa compañeira de clase, e vai vivir unha inesperada aventura que comeza cando atopa, nun soto da igrexa parroquial de Santa María de Muxía, un pergamiño que contén un poema inacabado firmado por un descoñecido trobador da Muxía do século XII: Martiño da Grixa. A Lola gustaríalle saber se o trobador acabou o poema algunha vez; e se foi así, como acaba. Alex, para gañar o amor de Lola, seguindo os consellos do seu avó, que está morto pero vén visitalo nos soños, vai intentar descubrir se Martiño da Grixa rematou o poema, e para conseguilo terá que enfrontarse a algún monstro mariño. Unha aventura inspirada pola lírica medieval galega e pola cultura mariñeira.