Tempo De Incertenzas. Ensaios Sobre Federalismo E Diversidade Nacional

Autor
Alain-G. Gagnon
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788498657265
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
226
Formato
Rústica
Colección
Rustica
22,70€

Sinopse Por múltiples razóns, as nacións minoritarias en busca de recoñecemento e de homologación teñen que superar, hoxe máis ca nunca, numerosas probas. A desconfianza das nacións grandes, os prexuízos das organizacións internacionais, que son máis favorables á estabilidade dos réximes xa establecidos, a fragmentación das colectividades arredor de proxectos plurais e a división das forzas políticas responsables das reivindicacións nacionais son algunhas delas. Malia ser esencial unha política a prol do recoñecemento das reivindicacións nacionais para que poidan existir unhas relacións sas entre nacións, compre que os estados con diversidade nacional dean un paso adiante instaurando unha política de acomodación máis flexible. Inspirada en investigacións sobre o federalismo multinacional, esta obra de Alain-G. Gagnon abre un debate sobre os motivos polos que os cidadáns necesitan institucións comúns para profundar no exercicio democrático e acrecentar os cambios intercomunitarios.