Ti non xogas!

Autor:
Gómez Xurxo, Silvestre
Editorial:
Grupo Anaya S.A.
ISBN
9788491211686
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Formato
application/epub+zip
6,99€

Durante unha semana enteira non parou de chover e hoxe por fin saíu un sol radiante. Pero Suso, en vez de estar a xogar ao fútbol co resto dos rapaces, está sentado nun chanzo da escaleira do patio da escola. Está aburrido e amolado. O peor é estar amolado, e estao, porque cando quería xogar Róber chimpoulle: -Ti non xogas! Non houbo ninguén que lle dixese a Róber que iso non se podía facer, que todos poden xogar e ninguén ten dereito sobre os demais. Por iso Suso está amolado, porque non soubo que facer.