Todo A Babor!

Autor:
RENA ORTEGA
Editorial:
Edicions Do Cumio, S.A.
ISBN
9788482895659
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
32
Formato
Rústica
19,95€

Embarca neste libro xunto co pequeno Magalláns, Elcano e a súa divertida tripulación nesta nova aventura inspirada nunha das maiores fazañas da nosa historia, a primeira viaxe arredor do mundo en barco! Soltando cabos, despregando velas e... Todo a babor!

En 1519 cinco barcos partiron desde España cara ao descoñecido, nunha ousada viaxe no que pretendían demostrar o imposible, que era posible dar a volta ao mundo grazas a un atallo descoñecido que conectaba o océano Atlántico co Pacífico: O Estreito de Magalláns. Non foi ata 1522 cando se completo dita fazaña convertendo este 2022 o quinto centenario do cumprimento daquela proeza.

Tomamos este fito na historia para inspirar aos protagonistas viaxeiros do libro 'Bo camiño, peregrino!' na realización da súa nova aventura: A volta ao mundo seguindo o camiño realizado en parte por Magallanes e culminado por Elcano. A través deste libro, do mesmo xeito que o primeiro da colección iniciada por Rena Ortega, vas divertirche viaxando, descubrindo paisaxes, estrelas, detalles, moitos detalles e cousas que seguramente che sorprenderán. Úneste?