VACAPOCALIPSE.(DIARIOS ZOMBI)

Autor:
GUY EDMONDS/MATT ZEREMES
Editorial:
Editorial Bululú
ISBN
9788418667848
Idioma
Español
Publicado
2023
Nº de páginas
256
Formato
Rústica
14,90€

Ola! Son Jimmy e estou vivindo unha APOCALIPSE ZOMBI totalmente estraña! Todos os adultos da miña cidade de Vilacú convertéronse en zombis, pero non os zombis carnívoros como os que ves nas películas devorando cerebros. Estes zombis son VACAS! Literalmente! Todo o mundo anda bruando e babando por aí adiante sen control ningún! E se a súa baba chega a ti... Non queiras nin imaxinar o que é vivir coma a protagonista dun Tetra Brik de leite! Tolo, eh? Afortunadamente, os meus amigos e mais eu temos un plan para atopar unha cura. . .