Sinopse
Veronika decide morrer é a historia dunha unha rapaza dabondo normal, chamada Veronika, cunha vida como moitas da súa idade. Ten un traballo aceptable e un pequeno cuarto de seu, que lle garante un espacio propio, só para ela. Frecuenta pubs de moda, atopa rapaces atractivos e sae con algún deles. Pero… Veronika non se sente feliz. Algo falta na súa vida. E por iso un bo día a rapaza decide morrer.