Sinopse
Viaxe a Illa Redonda, unha das novelas máis coñecidas de Helena Villar Janeiro, valeulle á súa autora o prestixioso premio Barco de Vapor en 1986.
A novela comeza un 21 de xuño, o día que remata o curso para Dores, a protagonista. Logo da victoria nunha orixinal competición vai a emprender unha viaxe a Illa Redonda, un lugar fermoso e máxico onde as fantasías poden converterse en sorpresivas realidades.