Sinopse
Xacementos arqueolóxicos de Galicia constitúe unha guía práctica para visitar e coñecer o patrimonio arqueolóxico galego.
O viaxeiro ou o estudioso poderán gozar da información de máis de trinta xacementos que se describen nas súas páxinas e que abarcan desde o neolítico ata os últimos momentos da época romana, e desde os petroglifos ós campamentos militares. Os xacementos de cada época están precedidos por unha breve explicación xeral que realizaron oa autores, os arqueólogos Pilar Barciela e Eusebio Rey.