Sinopse Con Xelamonite, Luís Paradelo instálase no oído do lector para descubrir as perplexidades dun personaxe ante un mundo que se lle ispe, devorando todo o sentido. Primeira obra dun autor no que a creación é sinónimo de renovación, o seu protagonista deambula ensarillado nas faldras do tempo, do amor e do desamor. A relación coa actividade política armada na Galiza tece e destece o argumento e impón unha realidade na que o lector se mergulla totalmente. A novela salva e tamén condena, o relato constitúese razón de vida.