Sinopse A narrativa deste autor destaca entre os novos escritores galegos pola súa orixinalidade á hora de abordar xéneros tan diferentes coma o relato histórico ou a literatura erótica. Xeración perdida conta a historia dun grupo de amigos no Vigo dos anos setenta e oitenta. Dende o instituto e as xuntanzas no bar do barrio ata a caída na droga. Áxil, narrada con ironía e co alento evocador da boa literatura, a novela é a crónica da fuxida dun destino cruel.